domingo, 28 de mayo de 2017

CRONICA

Empezar decindo que Taramundi sempre, sempre é unha boa idea.

Comezamos coma sempre as 8 en Ferreira, despois de conductores medio kamikazes nos tocou unha rapaza que xa viñera con nosoutros, e se nos fixo o viaxe a Taramundi moi corto, por comodo, coincidimos todos en decilo.

En Taramundi desayunamos no Paulino, onde logo iamos comer, e que xa visitamos tamén moitas veces, incluido a primeira vez que fixen unha ruta con Paso Miudo. Coincidiunos un día con moi boa temperatura e soleado, un precioso día primaveral. Un par de km de ascensión baixo os árboles, e tras mirar as previsions de hora de chegada no gps, decidín atallar unha subida por si había algunha taberna-sidrería no medio da ruta.

Recorrimos todo o val nun camiño fácil e predominantemente chao, salvo algúns sitios con moita auga, que pensamos como estría nun inverno normal, sin ningún problema, camiños moi cuidados, como sempre en Taramundi, Vamos. Pero non pasamos por ningunha sidrería, nin taberna nin tasca, como si nas outras rutas por Taramundi ata agora, un fallo grande da ruta, tiña que pasar polo medio de Bres.

Para rematar había un repecho corto pero ben empinado, as etapas que acaban en alto que tanto me gustan a min.

Aprobeitamos o tempo ganado na ruta para facer unha obsesión vermú por Taramundi, unhas 1906 e unhas sidrinas, acompañadas dunhas risas e relax, que pa eso nos levantamos a esas horas, pena estar o lagar cerrado, que si non ainda estábamos alí ahora. Aproveitamos para facer as comprar de rigor e comimos unha comida rica e abundante, como sempre tamen, en Casa Paulino, tomei uns escalopines con cabrales que me fixeron chorar os ollos de gusto.

Camiño de volta tamen corto, se caeron algunhas siestas como é de rigor, e estábamos na casa cediño, houbo quen volveu siestear, eu non : )

E esa foi outra ruta de Paso Miudo por Taramundi, que nos encantou, e xa houbo tamén quen pediu repetir a ruta da auga, pero eso quedará para o ano, como mínimo.

E sin mas nos vemos para o mes, de churrasqueo en Moucide, desta non nos choverá para comer como o ano pasado.

Juan A. Fdez Vazquez

Powered by Wikiloc